Cita en Fisterra

Narrativa 2011

Sinopse

O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No canto das xeografías da anaconda, o tigre ou as moscas tse-tse prefire a máis modesta, é un dicir, da centola. Así emprende a viaxe a unha terra mítica, que el quere despoxada de calquera clase de verniz espiritual: non se trata dun Xacobeo bis. Mais non por iso deixa fóra da mochila as preocupacións dunha alma que, ante as paisaxes do Atlántico, combina un agarimo infinito cun sentido crítico encirrado polas desfeitas do feísmo. Con todo, o que á fin prevalece é a proximidade á xente, a curiosidade polo lendario e un cultivo case obsesivo da memoria (colectiva e individual), ademais da ambición, nunca menor, de dar unha imaxe do tempo que vai pasando. Deste xeito trázase o rumbo dunha viaxe que será tamén a de cada lector. Con cita en Fisterra.

Outras edicións

Cita en Fisterra

Críticas

“Apañamos a mochila e a carón de Luís Rei percorremos a Costa da Morte, espazo mítico da nosa identidade (…) Cita en Fisterra é un diario para coñecer o que non está tan lonxe de nós, e por iso pode parecer do máis descoñecido”.
Ramón Rozas. Diario de Pontevedra
“Luís Rei Núñez fai uns preciosos libros que os anglofalantes e pedantes en xeral chaman de non ficción (…) Resulta delicioso e divertido ler os sete días que botou ao longo dos camiños que desembocan no mar”.
Santiago Jaureguizar. El Progreso

Primeiras páxinas

Mercar

Máis libros

Ver todos