Sinopse

Con introdución e tradución para o galego de LRN, é unha antoloxía de Eugénio de Andrade. Escólmanse sesenta poemas, pertencentes aos libros publicados polo gran poeta portugués ata aquela altura (1992), e o conxunto enriquécese cunha ducia de poemas inéditos e con dous textos con Galicia como motivo. No prólogo, titulado “Da terra e do sangue”, afirma o antólogo: “Se Andrade perseverou na busca dalgunha cousa, esa cousa foi sempre a máxima cota de claridade”.
O libro apareceu na Colección Merlín e familia, precedente da Colección Tambo.