Estrela do norte

Poesía 2014

Sinopse

Os poemas deste libro transitan entre a tradición, sempre de dobre raíz, culta e popular, e a contemporaneidade, un espazo por definición fuxidío. Son poemas empeñados, asemade, en achegar a necesaria música á pescuda das emocións, e vano facer botando man de recursos como a métrica e a rima; é dicir, acolléndose coa confianza dun artesán á protección dos límites. O resultado é unha poesía de estirpe deliberadamente figurativa. Á fin, ademais de álbum e partitura, este libro quere ser o mapa para un camiño que ten como Norte o corazón de cada quen: esa estrela.
(Con ilustracións de Fernando Babío)

Críticas

“Madurez, riqueza léxica, dominio expresivo. Estas son, entre outras, as virtudes que adornan Estrela do norte. Mais quizais, sobre todas elas, a fulguración da saudade, o verdadeiro núcleo vertebrador de todo o seu discurso poético. Unha nostalxia que é, a un tempo, alegre e triste, serena e rabiosa, acusadora e bondadosa, tenra e reivindicativa”.
Román Raña. Faro de Vigo
“Confirma a solidez dunha traxectoria que non procura novos camiños, senón que reitera varios fíos xa recollidos polo autor con anterioridade, mais sen por iso caer de ningunha maneira na repetición e no eco de si mesmo, na procura de modulacións novas”.
Miro Villar. Grial
“Mergullarse nestes poemas é ollar en fite a alguén que espreme a vida, que sabe o que hai de bo nela para balizar ante nós un itinerario de experiencias, como se fose un deses faros que o cativan tanto, luz na natureza, pero tamén na escuridade da que saímos moitas veces grazas a todo ao que o poeta lle rende tributo. Toda unha oración polos dons”.
Ramón Rozas. Diario de Pontevedra
“Cartas mariñas, bivaques de memoria e cómputos vitais nun estourar de suites, sonatas e muiñeiras que tenta atrapar os acordes e as estridencias dunha vida ora harmónica ora cacofónica, unha auténtica banda de Moebius onde todo vai e vén nun bucle complexo, espiral e labiríntico”.
Armando Requeixo. El Ideal Gallego

Entrevistas

Primeiras páxinas

Mercar

Máis libros

Ver todos