Sinopse

Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis. As pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cando e como será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a Ditadura. Daquela, Franco vai saír do pazo de Meirás para unha inauguración, e o home que baixara do tren pensa: que ocorrería se... En Expediente Artieda, a novela de LRN, gañadora do Premio Xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premio máis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e non lles importa. Pero tamén aparecen os soños da infancia, o peso da memoria e o inmenso poder, mesmo destrutivo, do amor. Expediente Artieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora en terceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe a historia da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dos seres anónimos. Unha novela nostálxica que recrea de forma espléndida e evocadora á Coruña do tardofranquismo, unha cidade que se recupera para a memoria dos lectores de hoxe.
Outras edicións

Expediente Artieda
Castelán, 2001
Críticas
“Artieda es el nombre del protagonista de este relato coral de historias cruzadas ambientado en A Coruña en los años 50. Con el fin del maquis y la lucha política como telón de fondo”.
Javier Rodríguez Marcos. ABC Cultural
“Constituye Expediente Artieda un intenso ejercicio de buceo en las circunstancias individuales que rodean a la resistencia política. No ignora lo positivo, como la abnegación, ni lo negativo, así la tozudez, y da su debido espacio a otros condicionantes, tal el amor. Pero lo que convierte esta historia en materia literaria singular no es su argumento, sino su tratamiento formal. Utiliza Rei un procedimiento perspectivista que mezcla distintas voces narrativas”.
Santos Sanz Villanueva. El Cultural
“A multiplicidade de narradores e ópticas, o dominio na dosificación descritiva ou a versatilidade e realismo dos seus diálogos fan de Expediente Artieda unha obra vernizada de atractivos cos que seducir o lector, que poderá descubrir aquí un Rei Núñez na plenitude da súa madurez creadora”.
Armando Requeixo. Tempos Novos
“Da paixón por narrar nacen fragmentos inesquecibles que lle dan a Expediente Artieda unha dimensión sentimental (a nostalxia dun tempo derramado) que conecta coa literatura que, ademais de contar, fai sentir”.
X.A. Neira Cruz. La Voz de Galicia
“Novela baseada no diálogo e no relato de accións con a penas trazos descritivos, e na habilidade do autor para reflectir o ambiente e a atmosfera gris e opresiva daqueles días, con protagonistas así mesmo escuros, na procura dun protagonismo grupal”.
Francisco Martínez Bouzas. El Correo Gallego
“Luís Rei non oculta a súa simpatía pola vida, polo amor, pola amizade e a xenerosidade á que se entregan os personaxes principais desta historia”.
Francisco Fernández Naval. 4Gatos
Premios
Premio Xerais 2000