Sinopse

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ao gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a LRN nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos tarambainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso "branco" ou os candorosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé mundial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, LRN sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.
Outras edicións

El señor Lugrís y la negra sombra
Castelán, 2007
Críticas
“Una novela ambiciosa que combina realidad y ficción para recrear la trayectoria vital de un personaje desmesurado y fascinante de la cultura gallega, el extraordinario pintor y raro poeta Urbano Lugrís, a la vez que contando con la vida de este artista bohemio y nómada como eje vertebrador del relato, se lleva a cabo una lúcida recreación del panorama cultural, artístico y literario de Galicia”.
Ángel Basanta. El Cultural
“Luís Rei ha aprovechado su mural literario de la vida del pintor para retratar con humor y gran detallismo la parte de la bohemia y de la intelectualidad gallega de los años 50 y 60”.
Ángel Varela. La Voz de Galicia
“Non sei se Luís Rei foi aquí, ou non, un Suetonio ou un Ian Gibson de Lugrís, se non o foi parécese; mais o que si sei é que ofrece unha das novelas máis compactas e solventes entre as publicadas entre nós nos últimos meses”.
Ramón Nicolás. La Voz de Galicia
“Unha novela de xogo cervantino na oposición dialóxica de certos personaxes principais (así o propio Lugrís, tan quixotesco el, e mais o seu fiel amigo Avilés de Taramancos, particularísimo Sancho á galega), que tamén se serve do recurso da diarística apócrifa para tecer un delicado canizo estrutural no que alternan a narración en primeira persoa -abondo autobiográfica- coa transición desas supostas memorias lugrisianas”.
Armando Requeixo. La Opinión
“O relato deixa un pouso de melancolía e de tenrura. Sen renunciar ao rigor, o novelista é comprensivo e indulxente co seu personaxe, un mangallón de inusual corpulencia. Contrasta o seu vozarrón co neno triste, desesperanzado e desvalido que o habita”.
Xulio Valcárcel. El Ideal Gallego
Premios
Premio da Crítica Española ao Mellor libro de narrativa do ano
Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Galego do ano