Oficio de escribir

Varia 1990

Sinopse

Recolle unha ducia de conversas a dobre páxina aparecidas en Faro de Vigo. Todos os entrevistados son escritores e con todos se aborda, xunto á súa propia peripecia creativa, a das letras galegas no seu conxunto, co tempo e o país como pano de fondo. Os asuntos da novela e da poesía, canda os do ensaísmo, e desde a xeración do Seminario ata a de 1968, son explicados aquí polos seus protagonistas. Estas entrevistas serven, xa que logo, para completar unha esclarecedora radiografía da república literaria galega. Ofrecen o seu testemuño: Valentín Paz Andrade, Ánxel Fole, Xosé Filgueira Valverde, Ricardo Carvalho Calero, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Moreiras, Ramón Piñeiro, Xosé Neira Vilas, Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares e Alfredo Conde.

Críticas

“Leamos este volume, que é absolutamente recomendábel. E, sobre todo, agradezamos ao autor que non esquecera a un escritor e poeta que está a pasar demasiado desapercibido: Eduardo Moreiras”.
Xesús González Gómez. A Nosa Terra

Mercar

Máis libros

Ver todos