Sinopse

Primeira novela de LRN. Segue o percorrido que as pasadas dun home saudoso, Rosendo Figueiras, vai deixando na area da vida. Cando acariña a felicidade, un traspés obrígao a comezar de cero. Só a visión idealizada dunha colexiala brasileira pode dar corda ao seu corazón. Os adeuses desa existencia van desde un punto recóndito da Costa da Morte ata os camarotes dun buque de almas perdidas que recalan en Salvador de Bahia, pasando por poboacións dun norte lusitano pateado con pachorrenta resignación. Esta historia, á fin, quere proclamar que as ilusións do desexo son a mellor defensa fronte á realidade.