Días que non foron

Narrativa 2013

Sinopse

O xornalista que levanta acta da peor das mareas negras, o adolescente que se converterá no caddie preferido daquel Franco que ía xogar ao Club de Golf da Zapateira, o escuro funcionario de xulgado que necesita descargar a conciencia cinco décadas despois da hecatombe dun verán terrible... Este libro convoca oportunidades perdidas, mesmo a dun tiranicidio; borras e rescaldos da memoria, individual e colectiva; arelas cun pé no éxito e o outro na decepción; segredos que non morrerán gardados, ou sarillos de soños que son a mellor vitamina na existencia dos seres anónimos. Á fin, estamos ante un monllo de historias que lle propoñen ao lector o desafío de explorar as topografías da conduta humana. Esta vez e sempre, entre as cousas que están sendo e os días que non foron.

Críticas

“Grande altura na composición narrativa, bo pulso para o debuxo dos espazos, atmosferas e condutas de personaxes, tantas veces contraditorias pero sempre verosímiles, alén do recurso ao pozo da memoria, en tantas ocasións encerrada nun obxecto, nunha carta, nunha evocación, na pronuncia dunha palabra”.
Ramón Nicolás. La Voz de Galicia
“Rei Núñez queda salvado pola agudeza e o humor nos retratos do poder cando conta a Marea Negra ou a Franco practicando golf na Zapateira”.
Santiago Jaureguizar. El Progreso.
“Unha escolma de relatos que nos coloca ante un pasado visto coa nosa mirada de hoxe. Unha lúcida achega a historias da nosa historia que nos envolven dende a primeira liña pola calidade da escrita de Rei Núñez”.
Ramón Rozas. Diario de Pontevedra

Primeiras páxinas

Mercar

Máis libros

Ver todos