Imán Fisterra

Narrativa 1995

Sinopse

A chuvia anda a catro patas e o viaxeiro percorre a Costa da Morte fuxindo de si mesmo. Daquela, a certeza de que deste territorio está a desaparecer un xeito de vida que se corresponde cun século anterior anima a LRN á escrita destas páxinas, que entretecen conversas cos habitantes do confín, impresións viaxeiras e mesmo apuntamentos de patriota deste anaco do mapa da provincia da Coruña que vai desde Muros a Malpica. Xa que logo, o autor destes cadernos acaba fotografando, coa súa propia busca dunha orde interior , un tempo de Fisterra que, ás veces, recibe as vareadas do temporal; mentres noutras ocasións fai do mar un vello xubilado que senta nas penas co único propósito de saudar o sol, o seu mellor inimigo. Este libro é unha invitación a que os nosos pasos imanten no faro da fin do mundo, ou viceversa. (Con ilustración de portada de Antón Mouzo).

Críticas

“Un cartafol de pegadas, de fitos dun dietario melancólico que espella a voz insomne e obsesiva, errabunda e dubitativa coa que o viaxeiro vai anotando impresións, sentenzas, visitas. Os eidos percorridos son enclaves da propia ánima que os humaniza, que os fai únicos e irrepetibles no crisol co que os contempla”.
Armando Requeixo. A Nosa Terra
“Acaba de deslumbrarnos con Imán Fisterra, que es un libro de viajes por ese espacio mítico de puro real, llamado Costa da Morte, y sus aledaños. Rei Núñez es el primer autor que ha abordado territorio tan literario desde unas claves íntimas”.
Vicente Araguas. Leer
“Capta os personaxes con graza, con amor, con ironía e comprensión e entón torna sobre si propio con capacidade autocrítica que o converte -nos converte aos humanos- en máis comprensivo cara os outros”.
Xesús González Gómez. A Nosa Terra

Mercar

Máis libros

Ver todos