A deste libro é unha historia que aínda está sucedendo. Un petroleiro, o Prestige, asfaltou a costa de noxo e un xornalista anulado pola melancolía do fracaso viaxa aos escenarios da desolación. Bate co peor dos homes, os gobernantes mentiráns. Tamén co mellor, os voluntarios. Herdará unha escultura que semella certificar un desenlace, mais só é un remorso, mentres non chegue o verdadeiro desenlace. Cando?
Sinopse

Críticas
“Documental e documentada. Cinematográfica no encadeado case celulóideo da acción. Pictórica polos seus valores literarios, e xa que logo xubxectivos (...) na épica dos voluntarios e dos mariñeiros, homes e mulleres, que aparecen individualizados en escuetas, certeiras pinceladas, que nolos fan entrañables no seu compromiso coa terra, global, pero tamén con esta nosa terra”.
Adolfo Caamaño. A Nosa Terra
“A novela camiña de mans dadas coa actualidade histórica, vanse enchendo as páxinas segundo as praias van acumulando veleno negro. Un protagonista coa vida desfeita, como barco á garra, ao que aínda lle quedan arrestos para opoñerse á manipulación, vai percorrendo os distintos lugares da traxedia”.
Xosé M. Eyré. A Nosa Terra