Sinopse

Primeiro libro de poemas de LRN. Aparece na editorial madrileña Trieste, dirixida por Andrés Trapiello e Valentín Zapatero, nunha colección, Porto do Son, na que unicamente sairían dúas entregas. Aparecen constantes ás que o autor volverá unha e outra vez ao longo dos anos: a certeza incómoda do paso do tempo, o poder curador do amor, o encontro coa natureza como fonte de entusiasmo.
Críticas
“Os poemas nunca son accidentais, non son inventados prodixiosamente, son elaboracións conscientes da sensibilidade do poeta, agromacións da emoción para a súa visibilidade, desexo transparente de equilibrar (tamén con paixón) a beleza das palabras”.
Miguel Anxo Fernán-Vello. A Nosa Terra
“Muy atentos hay que estar a la obra silenciosa del jovencísimo poeta Rei Núñez, que, sin prescindir de la tradición lírica galaica, se entronca íntimamente con la española a través de puntos tan opuestos y coincidentes como pueden ser las poéticas de Cernuda o Valente”.
César Antonio Molina. El País