Sinopse

Libro aparecido en Granada, abrindo en 1990 a colección de poesía La Veleta, dirixida por Andrés Trapiello. Reúne o total da poesía en galego e castelán de Luís Pimentel. Con limiar e notas a cargo de LRN, que se pregunta: “Qué é o que fai grande a Pimentel?” E di: “A grandeza venlle da pequena carpeta na que foi deslizando -coa dúbida en que arde unha lapa na noite- esas decenas de poemas que el escribiu corrixíndoos con paciencia de santo á par que a vida pasaba. Esa carpeta onde coubo o Barco sin luces a carón dunha Sombra do aire na herba, e onde todo cando nacía da unión de silencio e provincia. A carpeta que gardou a sonata dun corazón no forte”.
Críticas
“Pimentel crea un mundo propio, irreductible, traspasado de un lirismo exquisito, inquietante, capaz de darnos el perfil oculto de las cosas, el ambiguo temblor del universo. Lo señalaba Dámaso Alonso...”.
Miguel García-Posada. ABC
“Con anterioridad a esta espléndida y cuidada edición de Luís Rei Núñez ya había leído yo algunos poemas (de Luis Pimentel...) pero en ninguna he disfrutado tanto con su lectura, ni me he recreado más con su lentitud, ni me he detenido con más dejadez y abandono”.
Miguel Galanes. El Sol