Praza da Verdura

Varia 2003

Sinopse

É o libro dun fotógrafo, o pontevedrés Antón Babío, admirador do traballo de William Klein. Desfilan polas súas páxinas boa parte dos personaxes (vendedores, clientes e curiosos en xeral) que lle daban vida ao rastro que nas mañás de domingo enchía a Praza da Verdura. O texto de LRN fíxase no censo de protagonistas, mais é tamén un percorrido polo tempo que definiu ese espazo da cidade, na Historia con maiúsculas e mais na pequena historia persoal: “Os bancos onde teño sentado a repousar do Castromil. Traíame para os encontros dun noivado, e entre a estación da Coruña e o Pequeno Bar de aquí, daba de sobra para engulir unha de Maigret enteiriña. Axiña irán alá trinta anos e eu boto en falta, daquilo, a orxía de voces con que o gran John Balan trenzaba longametraxes contra a porta do baño do vello Rianxo”.

Máis libros

Ver todos