A rolda invisible. Antoloxía

Poesía 2000

Sinopse

Antoloxía dos catro primeiros títulos de poesía de LRN: Para matar ao tempo (1982), Arca dos faiados (1985), A ronda invisible (1988) e A casa na brétema (1994). Comparten o propósito de ser certificados de asistencia a emocións, como fotos sobreviventes ao paso do tempo. E aspiran a ser ademais as teselas dun mosaico que retrata a alguén: o autor, claro, mais tamén o lector, que fai seus os versos nese acto de intimidade que o libro permite establecer entre un e outro.
(Con ilustración de Menchu Lamas).

Críticas

“O poeta ofrécenos o verso que retén o momento, como xenialmente expresou Luís Pimentel, esa ‘sombra do aire na herba’, que acaba por ser a nosa presenza no mundo, porque ao final de toda expresión do íntimo está a sombra da morte, esconxurada polo amor ou manifestada en toda a súa omnipresenza no paso do tempo”.
Carlos L. Bernárdez. Guía dos Libros Novos
“O ton melancólico, suavemente cernudiano, de posadolescente, por un lado, a comuñón coa natureza nunha mensaxe panteísta e namorada, coa seu aquel de invocación a Novoneyra polo outro, e a procura incombustible do sosego por medio da lembranza e desexo dos lugares confortables onde non habita o esquezo”.
Vicente Araguas. O Correo Galego

Máis libros

Ver todos