Alma mareira

Poesía 2003

Sinopse

O Atlántico, nos ollos con que un home que tivo no mar o seu berce mira adoito. E regresan os mapas e esas miradas, co nome do noso océano a proclamar inmensidades. E paus rillados polo salitre, e boias de vidro cor ágata, e flotadores de cortiza. Tamén branquísimas osamentas puídas de corvos mariños ou gaivotas e anacos de botellas que xa son doas de colar. E está todo iso, vida e residuos, na tropa do mar. E miras a tropa do mar e o que fas é bater cun Atlántico polo que chegan onda ti as palabras da Xénese. Cando o mundo quedou feito, o mar estaba alí. (Con ilustración de portada de Antonio Murado)

Críticas

“Ao meu ver, Rei Núñez atopa en Alma mareira unha lucidez expresiva que o confirma como poeta de voz madurecida, alleo a modas e capelas, posuidor dunha airexa clásica que outorga ao versos prestancia e marabilla”.
Armando Requeixo. Faro de Vigo

Máis libros

Ver todos