A illa de San Simón

Narrativa 2025

Sinopse

Este libro é resultado dunha estadía en San Simón, unha illa que pode ofrecerche un mergullo feliz en ti mesmo se te sabes deixar gañar pola súa placidez pequena. Con todo, tamén ten unha historia longa, e moitas vidas, presentes e pasadas. A vida da vexetación. A das aves e animaliños. A monástica. A da arte das trobas. A do lazareto e os enfermos. A vida triste e terrible do campo de concentración e do presidio. A dos albergues. A da recente reconstrución… Ao cabo, coa viaxe a San Simón obterás o agasallo dunha fermosura única, quizais porque foi, é e será sempre un consulado do Edén flotando na ría dos poetas.
LRN é autor dos textos, e o artista Federico Granell das ilustracións.

Máis libros

Ver todos