En 1926 debuta Rafael Dieste con Dos arquivos do trasno, unha recompilación de oito contos á que, anos despois, lles engadiría outra ducia. Concisos, amenos e cun primor final, certifican o ingreso da literatura galega nun territorio onde se atopan de xeito exemplar o cotiá e o fantástico. Son historias con pouso de lenda e nas que o seu autor non esquece tomarlle o pulso a toda una colectividade, sen saír nunca dunha media voz na que se xuntan o dominio dun rexistro culto e una aproximación moi fiel ás maneiras e recursos da oralidade, depurada durante centos de anos polos anónimos mestres do conto popular. LRN, que foi tamén o temperán biógrafo de Rafael Dieste, traduce, prologa e presenta aquí un moi acrecentado corpus contístico dunha figura chave na narrativa breve española.
Sinopse












