Barco de papel

Luís Rei Núñez

Escritor galego

BIO

Empecei a escribir poemas na adolescencia, a mediados dos anos 70, e en 1980 atrevinme a publicalos por primeira vez. Ás veces tamén fago debuxos (coma Edgar Degas: «Son un home ao que lle gusta debuxar») e durante case catro décadas exercín o xornalismo: dous anos nunha emisora de radio, tres na prensa escrita e máis de trinta na Televisión de Galicia.

Nacín en setembro de 1958 no Sanatorio Modelo da Coruña, a cidade onde o meu avó paterno (con poucas horas de vida, en 1893) fora abandonado no torno do mesmo hospicio en que a enfermeira Isabel Zendal noventa anos antes fixera a recruta de corpos portadores para a expedición da varíola. Aquel neno inscrito cun só apelido criárono as monxas da Caridade ata que, cando tivo forza abonda, puido empregarse no porto coruñés como estibador. Ese mesmo foi o oficio que ata a súa xubilación exerceu o seu fillo Luís (meu pai, nado en 1931)...

Ler máis

Foto no esudio de Luís Rei

LIBROS

Ver todos

GALERÍA

Ver todas

EDITORIAIS