Arca dos faiados

Poesía 1985

Sinopse

Libro no que o autor deliberadamente opta pola voz baixa, como corresponde a un tempo de roldar a aura dos devanceiros. En realidade, tratábase de fuxir aínda máis do ronsel que deixara tras de si a denominada “poesía social”. Tratábase, de paso, de afastarse tamén dos que se exiliaban nas rupturas da Centroeuropa de entreguerras, desimportados de que aquelas vangardas deran xa nunha nova escolástica. Era o tempo de buscar verdades co vello facho dun Juan Ramón Jiménez ou dun Pimentel, poetas que asumían que o máis grande de todos mesmo pode acharse no máis pequeno dentro dun mesmo.

Máis libros

Ver todos