Sinopse

Esta escolma ensaística toma prestado o seu título da revista que Xosé Otero Espasandín dirixira nos anos da República e inclúe artigos de varia extensión sobre escritores como Rafael Dieste, Luís Pimentel, Rosalía Castro, Pío Baroja, Josep Pla, Vicente Risco, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Manuel Cuña Novás, Eugénio de Andrade, Miguel Torga e José Saramago. Tamén se estudan aspectos das obras de artistas como Castelao, Xoaquín Pintos, Arturo Souto, Urbano Lugrís, Luís Seoane, César Portela, Manuel Moldes, Fernando Babío, Fernando Vilanova e Carlos Crego.